16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Encontro dos responsables de Pastoral dos colexios concertados de Vigo

Encontro dos responsables de Pastoral dos colexios concertados de Vigo
FOTO.- Responsables y miembros de los equipos pastorales de los colegios de ideario católica de la diócesis, durante el encuentro | © Misión Compartida

O pasado xoves 15 de maio, ás 17.30 horas, o colexio «Apóstolo Santiago» en Vigo acolleu o encontro con responsables e membros dos equipos pastorais dos colexios concertados de ideario católico presentes no territorio da diocese de Tui-Vigo. En total, o encontro, organizado pola iniciativa «Secretaría Misión Compartida», contou coa participación de cincuenta persoas provenientes de quince centros da diocese, xunto ao bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín.

Misión Compartida é unha iniciativa que, desde setembro de 2019, busca fomentar a colaboración entre os centros educativos católicos da diocese de Tui-Vigo. Ademais, tamén conta coa participación de diversas delegacións diocesanas —Pastoral Xuvenil e Universitaria, Pastoral Vocacional, Catequese e Ensino Relixiosa Escolar—. Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: secretariamisioncompartida@gmail.com.