19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

Encontro ecuménico pola unidade de todos os cristiáns

Encontro ecuménico pola unidade de todos os cristiáns

Este vernes terá lugar na igrexa antiga de Santo Tomé de Freixeiro, ás 19H, unha celebración ecuménica con motivo da semana de oración pola unidade dos cristiáns. O bispo de Tui Vigo, Mons. Antonio Valín, estará presente neste encontro.

A semana ou octavario de oración pola unidade dos cristiáns deu comezo o pasado domingo, 18 de xaneiro, día da confesión de San Pedro, e remata este domingo 25, día da conversión de San Paulo. O tema deste 2026 provén da epístola do apóstolo Paulo ós efesios: «Hai un só corpo e un só Espíritu, así como foron chamados a unha soa esperanza do seu chamamento» (Efesios 4:4).