20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Encontro interdiocesano de Pastoral Familiar

Encontro interdiocesano de Pastoral Familiar
Foto: Representantes del área de Familia de la Provincia Eclesiástica de Galicia se reunieron ayer en Santiago.

Santiago acolleu o primeiro encontro dos representantes das delegacións de Familia, Centros de Orientación Familiar diocesanos, institucións de apoio á familia ou ao menor dependentes das dioceses de Galicia, e do Servizo pastoral interdiocesano de atención a menores, persoas vulnerables e as súas familias.

O obxectivo desta primeira reunión, convocada polo bispo responsable da pastoral familiar en Galicia e auxiliar de Santiago, Mons. Francisco Prieto, era a de xerar un espazo de encontro e reflexión conxunto co fin de articular propostas e actuacións que permitan a acollida, escoita e acompañamento ás familias, e todas as súas realidades.

Aínda que cada diocese conta con distintos recursos e proxectos no ámbito familiar, os bispos da Provincia Eclesiástica pretenden dar un paso máis e sumar recursos en clave de “sinodalidade interdiocesana” coa intención de dar resposta, dunha forma coordinada, ás necesidades de apoio que necesitan as familias tanto no ámbito formativo, terapéutico ou de acompañamento pastoral.

Nesta primeira reunión, explicáronse as claves desta rede de traballo e puxéronse en común os distintos servizos existentes xa nas dioceses coa finalidade de analizar os recursos de que se dispoñen e as necesidades ás que é necesario facer fronte. Esta actuación inicial marca un punto de partida do traballo que levará a cabo nos seguintes meses para a elaboración dunha proposta interdiocesana concreta e a posterior creación dun equipo que leve a cabo esta acción pastoral conxunta das dioceses de Galicia.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp