Este venres, 16 de outubro, ás 13.33 horas, emitiuse un fragmento desta entrevista no programa de COPE Vigo: «O espello de Tui-Vigo».
Blanca Elía é mestra, psicopedagoga, asesora familiar e presidenta da asociación «Dálle unha Volta», unha organización que ofrece recursos, axuda e acompañamento online para superar a adicción ou o consumo problemático da pornografía. Conta cunha gran experiencia na análise dos riscos do consumo de porno e na promoción dunha sexualidade sa e respectuosa coa dignidade das persoas.
O sábado 17 de outubro, participará no VIN Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia que terá lugar no mosteiro de San Xoán de Poio en Pontevedra.
▶ MÁIS INFORMACIÓN DO ENCONTRO DE AXENTES DE PASTORAL FAMILIAR DE GALICIA