29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

«Creo que estou no sitio correcto, no que me fai feliz»

«Creo que estou no sitio correcto, no que me fai feliz»

O cura máis novo da Diocese de Tui-Vigo naceu un 20 de xaneiro de 1994, día do Santo que lle dá nome. Se lle preguntan polo seu  versículo favorito da Biblia, segue as indicacións de  Melendi na súa canción favorita: «cierra los ojos, párate a pensar». E así o fai, ata que no seu cerebro aparece unha frase que San Pablo dirixe a  Timoteo na súa segunda carta: «sei de quen me fiei» (2  Tm 1, 12).

Sebastián Castro Mirando conta 26 primaveras de vida, das cales leva ordenado como sacerdote unha e media. A súa vocación xurdiu aos catro anos, cando o seu párroco de San Lourenzo de Fornelos de Montes, don Arturo, escolleuno como  acólito. Despois, viñeron as invitacións ás convivencias do Seminario Menor, ata que o 3 de febreiro de 2006 coñeceu de verdade a institución, o que lle conduciu a entrar como seminarista en setembro dese mesmo ano.

«Dicir que quería ser cura  xa  naquel momento  é  unha  bobada porque  non  é así», afirma ao falar do seu camiño vocacional, no que sempre tivo un papel fundamental a figura do sacerdote porque vía «como era o e  dis “ eu  quero ser así”». « Coa  axuda  dun director espiritual  discernín un  pouco a  miña vocación» e ao terminar segundo de bacharelato apostou polo Seminario Maior, explica.

A vida deste mozo constrúese no medio das súas diversas responsabilidades como secretario do bispo, capelán no tanatorio Vigo Memorial e, desde hai apenas un mes, adscrito á parroquia de San Paio de Navia. Moitas responsabilidades que se poden transformar en graza porque, como di o papa Francisco, «cada etapa de la vida es una gracia permanente, encierra un valor que no debe pasar» (Christus Vivit, n. 160).

Como foi ese cambio de vida de ser laico, a  diácono, a cura?

Na ordenación de diácono non me decatei de nada, estaba nunha nube, ata que o día seguinte me espertei e dixen “son diácono, e agora que?”. Vivino con moitísima tensión pero sempre coa idea de que a miña vocación non é ser diácono, é ser cura, do mesmo xeito que non é ser seminarista. A etapa do diaconado vivina de maneira especial porque foi unha sorte que o bispo me quixera para ser secretario. Logo xa tiña moitas ganas de ordenarme presbítero porque é a vocación a que estás chamado.

Que serías se non chegas a ser sacerdote?

Como é un proceso que ven dende moi pequeno, nunca me propuxen outra cousa. Nunca pensei “quero ser isto”, porque sempre fun moi vago para pensar no futuro.

Creo que estou no sitio correcto, no que me fai feliz, e por iso nunca me tentei ser outra cousa. Primeiro porque xa non mo propuxen con 16 anos, aínda que se a esa idade mo preguntan, ao mellor, digo que no.

Sebastián Castro Miranda, na súa oficina do Bispado.

Que é o mellor do sacerdocio?

Para min, primeiro,  poder celebrar a Eucaristía;  poder a través dun pouco de pan e un pouco de viño, coas túas palabras, sentir a Cristo alí mesmoCando celebrei misa por primeira vez foi o mellor, aínda que estaba súper nervioso. E, por outra banda, a relación cos demais, porque ves que senten en ti algo especial, como unha presencia de Cristo.

Son mundos completamente diferentes pero transmítenche unha sabedoría do ministerio sacerdotal recorrido na vida e nunhas parroquias que te nutre

Como te sentes sendo o cura máis novo da Diocese?

Con pena e, incluso as veces, solo porque, aínda que hai outros curas mozos, seguen a ser maiores. Non teño a ninguén da miña “quinta”, por así dicilo, que este entregado a mesma vocación. Despois, tamén cho din cando vas a calquera lado: “e este é o cura? Que novo!”.

Síntome raro porque me falta xente da miña idade, pero ao mesmo tempo ilusionado.

Sendo o cura máis novo da Diocese, como é a túa relación cos sacerdotes maiores?

Ao ser secretario do bispo, acabas coñecendo moitas realidades, moitas parroquias nas que, por sorte ou por desgracia, quedan moitos sacerdotes maiores. E alí aprendes, aínda que sexa nunha comida co bispo, miras como é o trato deses sacerdotes e tes un espello no que mirarte.

Por outra parte, cando me nomearon capelán do tanatorio Vigo Memorial, fun a comer o Seijo  —un restaurante que hai alí o lado— e, ao entrar, encontrei a don Avelino de Cabral e a don Manuel de Candeán. Así que sentei na mesa e comecei a unha relación con eles. Tratanme como un fillo, en parte, pola diferencia de idade: eles teñen oitenta e eu teño vinte seis. Son mundos completamente diferente pero transmítenche unha sabedoría do ministerio sacerdotal recorrido na vida e nunhas parroquias que te nutre.

Eu querería, se chego aos oitenta anos, poder ser así coma eles: ter tantas experiencias e historias acumuladas. Para min é unha relación que me axuda moito, porque me ensinan e me invitan a celebrar; así vexo a importancia que exerce a súa figura na parroquia.

 

Como definirías o teu labor como secretario do bispo?

É unha responsabilidade porque es a persoa encargada de organizar a vida do bispo, a súa axenda. Tes que estar pendente de moitísimas cousas e moi atento a calquera imprevisto que poida xurdir. Ao final o que tes é que cubrir o bispo: garantir que o bispo chega a súa hora; nas celebracións, organizalas e guialas. Ademais dunha responsabilidade, é unha alegría, porque acabas coñecendo moitísimas realidades.

 

O teu traballo como capelán de tanatorio, como é?

Complicado polas situacións que vives alí, pero tamén ilusionante. Cando chegas, vas con medo e vives situacións difíciles ata que pasas un tempiño e dáste de conta que es unha peza moi importante para os traballadores e para os familiares do defunto no desenvolvemento da túa misión: recordar a noticia de Xesucristo, a esperanza da Resurrección neses momentos duros. Así atopas xente agradecida aínda que non teñan un chisco de fe. Simplemente con ser amable xa te ganas a unha familia que sae de alí reconfortada. E nese sentido e ilusionante.

Que lle dirías a un mozo que está nese proceso de  discernimento vocacional e poida sentir que Deus o chama a ser sacerdote?

Primeiro, busca a alguén que te acompañe espiritualmente. Se te tes tenteado iso, ábrete con algunha persoa coa que teñas confianza para dar resposta a esa pregunta.

Segundo, sé libre. Sempre. Non debes permitir que ninguén te coaccione. Ti vas a recorrer o teu camiño e esa vocación que ti estás sentindo. Ao final a resposta a vocación non é solo un camiño senón que é ese camiño que se manifesta en moitísimas formas. A resposta non é un cadrado e non tes que entrar por el, senón que é como un poliedro e hai moitísimas formas de dar resposta a esa chamada.

Abre a porta e entra ilusionado, porque se te chama a ti e por como es. Eu son Sebastián e son como son; a min chamoume así. Ti non tes que cambiar, non tes que perder a túa persoa ou pasar por cincuenta filtros.

Por iso é importante o acompañamento de alguén que te guíe para abrirche portas. Tampouco debes sentilo como unha carga. Non. Abre a porta e entra ilusionado, porque se te chama a ti e por como es. Eu son Sebastián e son como son; a min chamoume así. Ti non tes que cambiar, non tes que perder a túa persoa ou pasar por cincuenta filtros.

Sebastián Castro Miranda, na súa oficina do Bispado.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp