11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours
11 de Novembro de 2024

,

San Martín de Tours

Equipos da Nosa Señora na diocese de Tui-Vigo presenta aos seus novos responsables

Equipos da Nosa Señora na diocese de Tui-Vigo presenta aos seus novos responsables
FOTO.- Miembros de Equipos de Nuestra Señora que asistieron a la eucaristía de inauguración en el colegio San José de Cluny | © Leandro Rivero

O domingo 6 de outubro, no colexio San Xosé de Cluny en Vigo, durante o acto de inauguración  do curso pastoral 2024-2025, o movemento Equipos da Nosa Señora presentou aos novos responsables do sector Vigo-Pontevedra, desde o pasado mes de xuño: José Manuel Alonso Costas e María del Pilar García Lago . O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, acudiu para presidir a eucaristía de inauguración na capela do colexio e coñecer máis de cerca esta realidade eclesial.

Ao fío das lecturas proclamadas, o prelado tudense expreso que «é necesario que volvamos ao principio, ao proxecto que Deus pensou para cada un de nós», un proxecto de amor persoal de Deus con cada persoa, que se debe desenvolver desde a propia vocación na contorna concreta de cada individuo. Así, Mons. Antonio Valín convidou os presentes «a construír un proxecto de diocese e de matrimonio», pero sobre a construír unha Igrexa que sexa testemuña e manifestación dese amor de Deus.

Durante a celebración, os novos matrimonios coordinadores dos diferentes equipos da diocese de Tui-Vigo proclamaron a súa promesa como responsables para o curso 2024-2025. Ao finalizar a lectura da promesa, o bispo e os sacerdotes concelebrantes realizaron a imposición de mans sobre cada un destes matrimonios, elixidos entre os seus compañeiros de equipo.

Finalmente, o encontro finalizou cunha presentación dos materiais de traballo para este curso 2024-2025. Tamén houbo oportunidade para compartir a experiencia vivida durante o XIII encontro internacional de ENS que tivo lugar en Turín, do 15 ao 20 de xullo, e que contou coa participación de 11 persoas da diocese de Tui-Vigo.

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo conta con 10 equipos activos, é dicir, 74 persoas, acompañadas por 8 sacerdotes consiliarios; a isto súmase un equipo en pilotaxe —iniciación no movemento— con 6 parellas e un sacerdote. Ademais dos matrimonios en activo, a diocese conta con 23 persoas en «Sempre ENS» que, debido á súa idade ou estado de saúde, xa non poden seguir o ritmo de actividade de quipos, pero teñen 3 ou 4 reunións anuais co seu consiliario, nas que traballan diferentes temas de estudo.

 Equipos da nosa Señora (ENS) é un movemento de matrimonios, dirixido e coordinado por matrimonios que nace no París da 2ª Guerra Mundial; na posguerra constitúese en movemento e, en 1978, apróbase a Carta Fundacional. O padre Henri Caffarel, cuestionado por algúns novos matrimonios sobre como poderían ir máis aló nas súas promesas bautismais e que lles podería axudar a vivir a fe en parella, elabora un método que favorece a comunicación no matrimonio en profundidade e á luz de Cristo. É así como a Espiritualidade Conxugal, noméase por primeira vez na historia da Igrexa, converténdose no carisma fundamental do movemento. Os ENS están pensados para dar resposta a todos aqueles matrimonios que busquen ser felices seguindo a Cristo xuntos e buscando cumprir a súa vontade.

Equipos de Nuestra Señora inaugura el curso 2024-2025 | © Leandro Rivero
« de 10 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp