O pasado venres 10 de febreiro, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, recibiu nas oficinas da curia diocesana a visita de Omar Lomba, representante dos Scouts de Tui-Vigo, e José María Santos, delegado xeral de Scouts de Galicia, para presentar o cambio nos novos estatutos interdiocesanos da Asociación diocesana de Escultismo de Tui-Vigo.
Esta modificación, aprobada o 8 de febreiro de 2021, altera a duración do mandato da Delegación que, escollida pola Xunta Diocesana, será elixida por un período de tres anos —previamente, delegado e secretario ostentaban o cargo durante catro anos—.
Deste xeito, a Asociación Diocesana de Escultismo de Tui-Vigo iguala os seus estatutos conforme aos cambios realizados a nivel nacional polo Movemento Scout Católico de España, tal e como efectuaran a federación de Scouts de Galcia— Escultismo Católico Gallego e as ADE de Santiago de Compostela e Ourense.
Na Diocese de Tui-Vigo a Asociación Diocesana de Escultismo, canta cun grupo de novos scouts situado na cidade de Tui, Grupo Scouts Alhoia, que conta con máis de 40 mozos entre nenos e nenas, xunto con 9 monitores, cuxo representante diocesano é Omar Lomba.
Coa súa sede situada no barrio de Riomuiños en Tui, o grupo de Scout Alhoia viuse obrigado a cancelar moitas das súas actividades debido ás restricións, pero tamén nun intento por manterse fiel á súa pedagoxía baseada na acción, sen que iso impida a implicación dos maiores do grupo no campo das redes sociais.
O grupo conta coa participación de case 50 persoas entre nenos e mozos desde os 8 aos 18 anos, que son acompañados por 9 monitores, e, actualmente, teñen un proxecto de Apicultura coa empresa Neno do Curvo no Rosal.