A Conferencia Episcopal Española uniuse á convocatoria da Conferencia Episcopal de Portugal para o rezo do Rosario que terá lugar o videniro mércores día 25 de marzo, Solemnidade da Anunciación do Señor, en Fátima ás 19:30h. polas vítimas do coronavirus, os seus familiare,s o persoal sanitario, etc. O acto estará presidido polo bispo de Fátima, Card. António dos Santos Marto, vicepresidente da Conferencia Episcopal de Portugal.
Ao finalizar o rezo do santo Rosario, o Cardeal bispo de Fátima fará a consagración de toda a Península Ibérica, España e Portugal, e as súas respectivas illas, ao Sagrado Corazón de Xesús e ao Inmaculado Corazón de María, á que se ten unha devoción tan arraigada en tantas dioceses.
A oración para a Consagración pode descargarse clicando aquí.