25/10/2021

,

San Frutos
25/10/2021

,

San Frutos

Este ano o bispo celebra a Asunción da Virxe María na catedral de Tui

Este ano o bispo celebra a Asunción da Virxe María na catedral de Tui

Da concatedral viguesa non sairá a procesión da Patroa.

Como cada 15 de agosto, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía solemne da Asunción da  Benaventurada Virxe María, patroa de ambas as sedes catedralicias, alternándose cada ano nunha delas: este ano farao na catedral tudense ás 13 horas.

Como é sabido, tanto a catedral de Tui como a Concatedral viguesa —que o é desde que en 1959 a antiga diocese de Tui foi nomeada co dobre título de Tui-Vigo—, están dedicadas a santa María da Asunción. Por iso o Bispo decidiu alternar a súa presenza cada ano celebrando a eucaristía nunha das dúas sedes catedralicias. En Vigo, santa María é, ademais e por iso, a festa da patroa da cidade a quen está dedicado o templo, cuxas glorias se cantan desde antigo e que eternizaron os xograres medievais.  Por razóns sanitarias de todos coñecidas tampouco este ano haberá procesión da patroa polas rúas do Casco Vello.   

En 1950, o papa Pío  XII definiu solemnemente esta verdade de fe recibida da tradición da Igrexa. A asunción da Virxe —entendida como a elevación en corpo e alma da Virxe ao ceo— constitúe unha participación singular na Resurrección e unha anticipación da resurrección dos demais cristiáns. Neste sentido, o papa Francisco, na súa Audiencia do 5 de agosto de 2020, sinalou que “a festa da Asunción de María revela a sublime dignidade que Deus outorgou ao home”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp