12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Este domingo celébrase a Pascua do Enfermo

Este domingo celébrase a Pascua do Enfermo

A Igrexa española celebra a Pascua do Enfermo, o 9 de maio, á que a delegación de Pastoral da Saúde da Diocese de Tui-Vigo quere sumarse animando ás parroquias a celebrar o  sacramento da Unción de Enfermos que, tal e como explica o delegado, Benito Rodríguez, «trátase dun  sacramento para vivos, non para vellos ou mortos».

Baixo o lema deste ano «Coidemos mutuamente», os 21 grupos parroquiais de Pastoral da Saúde existentes na Diocese celebrarán esta Pascua xunto ás 9 congregacións relixiosas con internados e 5 fundacións-asociacións. Tamén os hospitais vigueses que contan con servizos relixiosos tratarán de unirse a esta celebración na medida das súas posibilidades.

O departamento de Pastoral da Saúde, dentro da Subcomisión Episcopal de Acción  Caritativa e Social, editou os materiais para esta Campaña que en España ten dous momentos: o 11 de febreiro, é o Día do enfermo, de carácter mundial e a Pascua que celebramos este domingo.

A mensaxe do Papa Francisco destaca a importancia deste momento para brindar unha atención especial ás persoas enfermas e a quen coida delas, tanto nos lugares destinados á súa asistencia como no seo das familias e as comunidades. En particular, sinala, ás persoas que sofren en todo o mundo a pandemia do coronavirus, así como aos máis pobres e marxinados.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp