O venres 25 de abril, ás 20.30 horas, o Seminario Maior «San Xosé» en Vigo acolle un novo encontro vocacional «E ti…? E se…?», para mozos a partir de 16 anos que teñan (ou non) inquietude vocacional e queiran coñecer a vida do seminario. Durante o encontro, os participantes terán a oportunidade de coñecer o testemuño de diferentes sacerdotes e compartir con eles, xunto con todos os seminaristas da diocese de Tui-Vigo, a cea desa noite.
Ademais da convocatoria do mes de abril, están previstos dous encontros máis no que queda do curso pastoral 2024-2025: o 30 de maio e o 27 de xuño. Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co delegado, Anxo Carniceiro, a través do número de teléfono: 655 45 12 85.
A delegación diocesana de Pastoral Vocacional puxo en marcha esta iniciativa en xaneiro de 2024, para acompañar o proceso de discernimento de todos aqueles mozos que se expoñan a vocación sacerdotal. Cunha periodicidade mensual, a iniciativa tamén contribúe a crear un espazo de encontro e diálogo entre mozos e presbíteros.