29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Este venres preséntase o libro «Historias en pedra, Tui e as súas parroquias» de Rosa Mª Vila

Este venres preséntase o libro «Historias en pedra, Tui e as súas parroquias» de Rosa Mª Vila

Será no Edificio Francisco Sánchez ás 19:00 h. A artista tudense recolle nas súas páxinas máis de 20 debuxos en plumiña e acuarela

Este venres día 3 de febreiro, o Edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación do libro «Historias en pedra, Tui e as súas parroquias» da artista tudense Rosa María Vila, á venda nas librarías da cidade. Será nun acto ás 19:00 h.

Rosa Mª Vila recolle nas páxinas do libro máis de 20 debuxos realizados coas técnicas de plumiña dos seus inicios e da acuarela. Tras 25 anos de traballo, a idea de plasmar nunha publicación rúas, paisaxes e igrexas de Tui e das parroquias, xurdiu en plena pandemia, cando estaba prohibida calquera tipo de mobilidade.

Os debuxos están acompañados neste libro por textos nun ton poético, escritos pola propia artista, do que para ela é Tui e o que significa. Ademais, recupera tamén composicións de escritores e pensadores como Manuel Rivas, Unamuno ou Bispo Lago.

Rosa Mª Vila conta cunha longa traxectoria artística dende a súa primeira exposición pictórica na cidade no ano 1998, á que teñen seguido numerosas mostras tanto en Tui coma noutros concellos galegos e portugueses.

O pasado mes de setembro presentou amais, na Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, a mostra «Abrimos portas?», na que recolleu 25 portas emblemáticas das cidades de Tui e Valença.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp