15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

Eucaristía para os participantes na peregrinación marítima Iacobus Maris

Eucaristía para os participantes na peregrinación marítima Iacobus Maris
Foto: Voluntarios de la Pastoral Juvenil y Universitaria durante una reunión mantenida en los locales de Stella Maris.

A fin de ofrecer a posibilidade de participar na celebración eucaristía dominical aos peregrinos presentes entre nós, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria xunto ao Centro de Atención do Mariño Stella Maris da diocese de Tui-Vigo organizou unha eucaristía a bordo dun dos emblemáticos buques da frota na que viaxan os peregrinos do roteiro Iacobus Maris, o domingo día 24 ás 10 da mañá. Tras a celebración entregaranse as Compostelas aos patróns de cada unha das embarcacións da frota que desde o pasado mes de xuño peregrinan desde Xénova no Mediterráneo ata Santiago de Compostela, emulando a “traslatio” dos restos do Apóstolo.

Por outra banda, Stella Maris fai saber que durante o venres 22 e o sábado 23, unha vintena de mozas da delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria colaborarán como voluntarios mostrando aos visitantes distintas embarcacións desta peregrinación tan peculiar e que organizou a Fundación viguesa Iacobus Maris (Traslatio).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp