21 de Abril de 2026,
San Anselmo

Eva González inaugura co pregón a Semana Santa tudense

Eva González inaugura co pregón a Semana Santa tudense

A xornalista Eva González do Socorro pronunciou este domingo 22 de marzo, na capela das Reliquias da Santa Igrexa Catedral de Tui, o pregón da Semana Santa tudense 2026. Con isto, se inician os actos da programación oficial da Semana Santa de Tui.

A lectura do pregón completouse cun breve concerto ó cargo do Conservatorio Municipal de Música de Tui, que interpretou diversas pezas musicais de carácter sacro. No acto estivo presente o bispo da diocese de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín; o alcalde de Tui, Don Enrique Cabaleiro e o deán da Catedral de Tui, Don José Diéguez.

O acto é unha iniciativa da Asociación “Amigos da Catedral de Tui”, quen agradece a colaboración do Cabildo catedral de Tui, a Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia e do Concello de Tui, así como da Asociación Cultural Cristo da Agonía.

Eva González

Eva González do Socorro foi durante moitos anos delegada do «Faro de Vigo» en Tui, completando en total 33 anos de información sobre Tui e o Baixo Miño. Neste amplo período temporal Eva González fixo o primeiro reportaxe sobre o mosteiro das Clarisas tudenses, as populares «Encerradas». Ademais, Eva recorda con especial agarimo a primeira entrevista realizada a Don Luis Quinteiro como bispo tudense.