14 de Novembro de 2024

,

San José Pignatelli
14 de Novembro de 2024

,

San José Pignatelli

Evanxelización e acollida a través da catedral de Tui

Evanxelización e acollida a través da catedral de Tui
Foto: Javier Vila realizando una visita a un grupo de peregrinos en la catedral de Tui.

Do 18 ao 22 de agosto, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria preparou un campo Pedras Vivas de  evanxelización e acollida de peregrinos en Tui. Máis de vinte voluntarios con camisetas verdes ofreceron, de maneira gratuíta, un percorrido espiritual a través da arte da fachada da catedral tudense. Javier Vila participou desta experiencia e hoxe cóntanos o seu testemuño.

Ola son Javier Vila, seminarista no Seminario Maior San José de Vigo.  Teño 20 anos, son de Ponteareas e, este verán, coñecín a fondo a Pastoral Xuvenil e Universitaria da miña diocese grazas a diversas actividades.

A primeira:  o Camiño De Santiago que fixemos desde Tui do 26 de xullo ao 1 de agosto. Durante esa semana, tiven a primeira toma de contacto coa xente da Pastoral Xuvenil. Esta peregrinación converteuse nunha experiencia  súper bonita na que puiden compartir experiencias e vivencias ao camiñar con mozos como eu.

A segunda actividade foi Pedras Vivas, onde puiden coñecer un pouco máis sobre a catedral da miña diocese para así poder compartir o que me dicían a min a súa fachada, as súas pedras; para poder evanxelizar a diferentes peregrinos e turistas de todas partes do mundo como, por exemplo, os tres estadounidenses cos que me atopei.  Desta experiencia, encantoume poder compartir cos peregrinos o que eu entendía da catedral, a maior parte das veces con grupos de entre 10 e 20 persoas que me atendían bastante emocionadas.  Foron días de formación intensa e oración, pero tamén de moito lecer e compartir cos demais. Durante estes días, gustoume compartir a experiencia e a ilusión dos meus compañeiros ao acabar cada un dos encontros cos peregrinos.

En xeral, foi un verán xunto a persoas moi boas e, sobre todo, acompañado pola presenza de Xesús.

Javier Vila.
Campo Piedras Vivas en Tui | © Diocese de Tui-Vigo

La delegación de Pastoral Juvenil y Universitaria organizó un campo Piedras Vivas en Tui de evangelización y acogida de peregrinos.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp