11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

Exercicios espirituais para sacerdotes, en novembro

Exercicios espirituais para sacerdotes, en novembro

Do 10 ao 15 de novembro de 2024, a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo organiza unha quenda de exercicios espirituais para sacerdotes impartidos polo bispo emérito de Santander, Mons. Manuel Sánchez Monje, no mosteiro franciscano de San Diego de Canedo, en Ponteareas.

Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo».

Nunha entrevista para o programa diocesano de COPE Vigo, Igrexa Noticia de Tui-Vigo ,o sacerdote Juan de Olazabal, tras participar na quenda organizada pola Vigairía para o Clero do pasado ano 2023, expresaba que os exercicios espirituais «son unha oportunidade de descanso, non tanto físico, senón de renovación desa relación co Señor para poder volver á actividade con maior profundidade».

Escoita a entrevista completa a partir do minuto 3.40.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp