26 de Abril de 2024

,

San Isidoro
26 de Abril de 2024

,

San Isidoro

Exercicios Espirituais para sacerdotes

Exercicios Espirituais para sacerdotes
Foto: Banco de imágenes © Cathopic.

A Vigairía para o Clero organiza unha quenda de Exercicios Espirituais para sacerdotes na Casa de Espiritualidade Santa María do Mar de Dorrón —en Sanxenxo—, que comezará o vindeiro domingo 2 de outubro pola tarde e finalizará o venres 7 de outubro despois de comer. Nesta ocasión, esta quenda de exercicios será dirixida polo arcebispo de Burgos, Mons. Mario Iceta Gavicagogeascoa.

Os exercicios espirituais desenvoltos por San Ignacio de Loyola promoven un alto no camiño para tomar o pulso da vida, que permite reencontrarse desde dentro e poñerse a escóitaa de Deus durante uns días de silencio en contacto coa natureza galega. Os sacerdotes interesados en vivir esta experiencia deberán contactar con José Diéguez Dieppa, vicario para o Clero. 

Con esta experiencia incluída dentro da programación pastoral da Vigairía para o Clero, quérese destacar a importancia e a necesidade do ministerio ordenado na renovación pastoral da comunidade parroquial: a necesidade da conversión das persoas para renovar as estruturas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp