Do xoves 1 ao sábado 3 de maio, a delegación episcopal de Apostolado Seglar e o Consello diocesano de Laicos da diocese de Tui-Vigo organizan unha quenda de exercicios espirituais para segrares no mosteiro beneditino da Transfiguración do Señor en Trasmañó. Baixo o título «Descansar en Cristo para máis amar e servir», Anxo Carniceiro, formador do Seminario Maior Interdiocesano «Apóstolo Santiago», dirixirá as charlas e meditacións deses días.
Hai prazas dispoñibles para 16 persoas en cuartos individuais con servizo completo. A inscrición ten un custo económico de 95 euros por persoa, que inclúe o réxime de pensión completa e os desprazamentos desde Vigo ata o mosteiro. O xoves, ás 10.30 horas, sairá o autobús desde a praza de Santa Rita en Vigo e, o sábado, o regreso prevese en sobre as 12.00 horas.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse con antelación para reservar a praza a través do correo electrónico deastuivigo@gmail.com, ou do número de teléfono 660 25 75 48.