3/02/2023

,

San Blas
3/02/2023

,

San Blas

Exposición «Amoris Laetitia», para aprender sobre a alegría do amor

Exposición «Amoris Laetitia», para aprender sobre a alegría do amor
Foto: Asistentes a la eucaristía recorren la exposición.

Durante a eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, o pasado 27 de novembro, na concatedral-basílica de Santa María, a delegación diocesana de Pastoral Familiar presentou a exposición itinerante «Amoris Laetitia», que é un froito do traballo conxunto das cinco delegacións da provincia eclesiástica de Galicia. A exposición, que permaneceu ata o 4 de decembro na concatedral, atópase agora na parroquia do Santísimo Cristo da Vitoria ata o vindeiro domingo 18 de decembro; posteriormente, do 18 ao 29 de decembro, atoparase no templo de Santiago o Maior; e, finalmente, do 20 de decembro ao 15 de xaneiro, no Sacro Corazón de Vigo.

A través desta exposición, as cinco delegacións de Pastoral Familiar de Galicia tratan de resumir de maneira concisa e testemuñal o contido de Amoris  Laetitia, a exhortación apostólica que o papa Francisco publicou en marzo de 2016 para falar sobre a alegría e a beleza do amor. En total, a exposición está composta por un total de 9 testemuños de diferentes zonas da xeografía galega que, mediante a súa experiencia como matrimonio e familia, tratan de iluminar os temas abordados polo Santo Pai como o acompañamento a parellas que van recibir o sacramento do Matrimonio, a resposta ante situacións de infertilidade na parella ou a vivencia espiritual dentro do matrimonio, sen perder a espiritualidade propia de cada cónxuxe.

Co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer o contido de Amoris  Laeitita, a delegación de Pastoral Familiar quere achegar esta exposición a todas as parroquias, delegacións e institucións que poidan estar interesadas en mostrar a alegría propia do amor e do matrimonio cristián. Así, os interesados en dispoñer desta exposición durante un período de tempo poden poñerse en contacto a través do correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org.

A exposición «Amoris Laeitita» é resultado da Ano «Familia Amoris Laeitita», que o papa Francisco convocou para marzo de 2021, con motivo do 5.º aniversario da publicación da exhortación apostólica Amoris Laetitia, e que concluíu o 26 de xuño de 2022, no X Encontro Mundial das Familias en Roma. Mediante esta convocatoria, o papa Francisco propúxose chega  a todas as familias do mundo a través de diversas propostas espirituais, pastorais e culturais que se poderán levar a cabo nas parroquias, dioceses, universidades, movementos eclesiais e asociacións familiares

Inauguración de la exposición «Amoris Laetitia» | © Leandro Rivero
La delegación de Pastoral Familiar presentó en la concatedral-basílica la exposición itinerante «Amoris Laetitia», con el objetivo de visibilizar la exhostación apostólica del papa Francisco sobre la alegría del amor
« de 14 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp