Na noite do 6 de setembro de 2023, o sacerdote Jesús Barros Pérez falecía, aos 85 anos de idade, na residencia sacerdotal Nosa Señora dá Guía.
A partir das 16 horas de hoxe, xoves 7 de setembro, os seus restos mortais serán velados na sala 2 do tanatorio Vigo-Memorial. A misa exequial polo seu eterno descanso será mañá, venres 8 de setembro, ás 17 horas no templo parroquial de Santiago de Bembrive. A continuación, será enterrado no cemiterio parroquial de Alcabre.
Natural de Poio, recibiu o sacramento da Orde o 23 de xuño de 1963, en Vigo. Na actualidade, era párroco de Santiago de Bembrive e capelán da Residencia de Maiores Meixoeiro Ao comezo do seu ministerio sacerdotal, foi coadxutor da parroquia de Santiago o Maior de Vigo. Pouco despois exerceu como ecónomo das parroquias de Viladesuso, Mougás e Bembrive. Foi, tamén, capelán do Hospital Meixoeiro.
Sacerdote sinxelo, acolledor e moi servizal, especialmente cos seus fregueses de Bembrive, quen recentemente lle dedicaron unha placa con ocasión das súas vodas sacerdotais de diamante celebradas en xuño deste ano.