30/11/2022

,

San Andrés
30/11/2022

,

San Andrés

Falece o sacerdote diocesano Anxo Pérez Bicada, párroco de Pereiras

Falece o sacerdote diocesano Anxo Pérez Bicada, párroco de Pereiras

O venres 26 de marzo, faleceu Anxo Pérez Bicada párroco de Pereiras durante máis de medio século.

Con 92 anos de idade, o sacerdote diocesano Anxo Pérez Bicada, natal de  Páramos , faleceu o pasado venres 26 de marzo, solemnidade da Virxe das Dores, na Coruña.

Desde a súa ordenación en Tui no ano 1951, ostento os cargos de  coadxutor de Gondomar e encargado de Chaín e Torneiros, ata que en 1953 é nomeado párroco de Pereiras, onde exerceu o seu ministerio ata o ano 2005.

O velorio estableceuse no tanatorio  Louriña-Memorial, hoxe, domingo 28 de marzo no que a Igrexa celebra a entrada de Xesús en Xerusalén. O luns 29 de marzo, ás 12 da mañá, celebrarase a misa  exequial na parroquia de San Miguel de Pereiras e, a continuación, o enterro en San Xoán de  Páramos. O funeral terá lugar na parroquia de Santa María do Porriño ás 12 da mañá do martes 30 de marzo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp