25/02/2021

,

San Cesáreo

Ha falecido Dna María del Carmen Grobas García, responsable diocesana nos últimos anos do Apostolado do Mar

Ha falecido Dna María del Carmen Grobas García, responsable diocesana nos últimos anos do Apostolado do Mar

No día da solemnidade da Inmaculada Concepción de María, Señora do Si, o Señor levou á súa Casa a Dna. María del Carmen Grobas García. Virxe consagrada ao Señor desde moi novo no Apostolado do Mar. Xunto con Dna. Cristina de Castro García, falecida en plena pandemia, o pasado 7 de abril, mantiveron durante moitos anos numerosas iniciativas en favor das xentes do mar. A defensa dos seus dereitos laborais e sociais, a solícita preocupación polos estranxeiros embarcados e tantas veces abandonados, e a atención ás mulleres dos mariñeiros e os seus fillos que sofren a separación dos seus maridos durante longos meses de campaña, foron algúns dos seus empeños apostólicos máis destacados.

Nos últimos anos foi a responsable diocesana do Apostolado do Mar, e colaboradora incansable na pastoral diocesana a través do Consello Diocesano de Laicos. Que María, Estrela dos Mares, lévea da súa man ao porto de Salvación para o encontro definitivo na gloria dos santos con Señor. D.E. P.

De Izq. a Drch. Cristina de Castro e María del Carmen Grobas, D.E.P
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp