19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll
19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll

Faleceu o sacerdote D. Andrés Fuertes Palomera

Faleceu o sacerdote D. Andrés Fuertes Palomera
Foto: Andrés Fuertes Palomera, durante unas jornadas de Patrimonio.

Director do Museo diocesano, delegado de Patrimonio e párroco-moderador en 10 parroquias do arciprestado Rendondela-Oitavén.

Á hora do ángelus do último día do mes de xuño e a dous días de cumprir o 45 aniversario da súa ordenación sacerdotal, aos 70 anos de idade, faleceu na residencia sacerdotal Nosa Señora da Guía, Andrés Fuertes Palomera, tras un mes de ser ingresado nela, xa moi enfermo.

Será velado no tanatorio da Cañiza, a partir das 19 horas do venres 30 de xuño. O sábado, 1 de xullo, ás 16 horas, será velado no templo parroquial de Santa Teresa de Jesús na Cañiza, onde se celebrará a misa exequial ás 17 horas, posteriormente recibirá cristiá sepultura no cemiterio municipal. O martes, 4 de xullo, ás 12 horas, celebrarase un funeral polo seu eterno descanso na catedral de Santa María de Tui.

Andrés naceu e foi ordenado sacerdote no seu pobo natal da Cañiza e actualmente era, na diocese, cóengo do cabido catedralicio, delegado diocesano de Patrimonio Cultural e Arte Sacra, así como director do Museo Diocesano, ademais de párroco-moderador de dez parroquias no arciprestado de Redondela-Oitavén: Fornelos de Montes, Calvos, Estacas, Berducido, Traspielas, Moscoso, Oitavés, Ventín, Xunqueiras e A Laxe.  Fora moitos anos, e así lle lembran xeracións de sacerdotes novos: vicerreitor, profesor, formador e administrador do seminario menor de Tui (1978-1992). Licenciouse en Dereito Canónico e realizou un máster en Restauración e Rehabilitación de Patrimonio. Despois dos seus estudos en Madrid (1996), atendeu as parroquias de Cristiñade, Gulans e Arnoso, sendo tamén arcipreste do Tea. En 2006 foi nomeado párroco de santa María de Castrelos , exercendo á vez de secretario da Comisión de Asuntos Económicos, de Xuíz do Tribunal Eclesiástico e de profesor do Instituto de Ciencias Relixiosas San Agustín. Foi tamén secretario diocesano para a Visita Pastoral e membro da Comisión de Límites Parroquiais.

Descanse en paz, don Andrés: sacerdote entregado, amigo servizal e alegre, extraordinario coidador da beleza reflectida na arte sacra e que agora desexamos que goce en toda a súa realidade e esplendor.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp