16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Festividade de Lourdes organizada pola Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes de Tui-Vigo

Festividade de Lourdes organizada pola Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes de Tui-Vigo

A Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes da diocese de Tui-Vigo invita a toda a comunidade diocesana a participar nos actos que se celebrarán con motivo da festa da Virxe de Lourdes. Aínda que o día propio é o 11 de febreiro, nos reuniremos o sábado 14 de febreiro para facilitar a participación de fieis, hospitalarios, enfermos e voluntarios. O lugar da celebración será na Parroquia de Santa Lucía de Vigo (A Salgueira). D. Antonio Valín, bispo de Tui – Vigo, presidirá os actos e nos acompañará neste momento forte de fe e comunión.

Programa da celebración:

17:00 h. Rezo do Santo Rosario con velas, nun ambiente de oración e recollemento, poñendo baixo a protección da Virxe de Lourdes ós enfermos e coidadores.

18:00 h. Celebración da Eucaristía por todos os enfermos.

A Hospitalidade da Nosa Señora de Lourdes é unha asociación da Igrexa que vive o espíritu de Lourdes servindo con fe e agarimo aos enfermos, anciáns e persoas con discapacidade. Este apostolado só é posible grazas ao compromiso xeneroso de moitos voluntarios que ofrecen o seu tempo, o seu servizo e o seu corazón para facer presente o amor de Deus en medio dos nosos irmáns.

Dende a Hospitalidade os animamos a participar neste encontro, no que ademais de vivir esta tarde de oración en comunidade polos nosos irmáns enfermos, informarase sobre a peregrinación diocesana ao Santuario de Lourdes, en Francia, programado para o próximo mes de xuño.

¡Os esperamos a todos baixo o amparo da Nosa Señora de Lourdes!