19 de Novembro de 2026,
San Abdías

Festa das Familias no santuario da Franqueira

Festa das Familias no santuario da Franqueira

Baixo o lema «A familia, lugar onde a vida se fai máis grande», o domingo 27 de setembro, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo convoca a todas as familias da diocese a unha xornada de encontro no santuario mariano da Franqueira. A iniciativa, que forma parte da programación prevista con motivo da romaría na honra á Nosa Señora da Franqueira, ofrece un espazo de convivencia e fraternidade para todas as familias.

A xornada comezará ás 12.00 horas coa celebración da eucaristía e continuará cun encontro entre as familias participantes. Ás 14.00 horas está prevista unha comida compartida e, posteriormente, haberá xogos e diferentes propostas para gozar xuntos da tarde.

Con esta convocatoria, a Pastoral Familiar quere ofrecer un espazo para que as familias da diocese poidan coñecerse, compartir experiencias e estreitar lazos, ademais de vivir xuntas un tempo de fraternidade e celebración. A invitación está aberta a todas as familias que desexen sumarse a esta xornada diocesana.