A confraría do Santísimo Cristo da Vitoria organizou unha serie de actos con motivo da festa en honra ao Santísimo Cristo da Vitoria que a diocese de Tui-Vigo celebra cada ano o primeiro domingo de agosto. Os actos comezaron o 28 de xullo coa novena en honra ao Cristo —predicada por Mons. Jesús Rodríguez Torrente, xuíz auditor da Rota da Nunciatura Apostólica de Madrid— e coa imposición de medallas dos novos confrades —a maior cifra alcanzada nos últimos anos—.
O sábado 5 de agosto, o parque de Castrelos acolleu a lectura do pregón a cargo do fiscal xefe de Vigo, Susana Baquero-García, que contou tamén coa intervención da presidenta da confraría do Santísimo Cristo da Vitoria, Marora Martín-Caroto. Pola tarde dese mesmo día, tivo lugar o descendemento da imaxe do Cristo do presbiterio da concatedral, para ser, posteriormente, engalanado para a procesión polas rúas da cidade olívica.
Ao día seguinte, domingo 6 de agosto, festa do Santísimo Cristo da Vitoria, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu, pola mañá, a eucaristía solemne na concatedral-basílica de Santa María e, pola tarde, a solemne procesión coa imaxe do Cristo.