Do 4 ao 12 de xuño, a comunidade parroquial de Santo Antonio da Florida en Vigo prepárase para celebrar o día grande na honra ao seu patrón —santo Antonio de Padua—, mediante o rezo do rosario e da novena, seguido da eucaristía, ás 09.30 e ás 19.30 horas. O venres, 13 de xuño, ás 20.00 horas o bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía solemne no templo parroquial, seguida da procesión coa imaxe do santo.
No marco desta celebración, o luns 9 de xuño, ás 20.00 horas, celebrarase unha eucaristía por todos os defuntos da parroquia e devotos de santo Antonio. Entre o 10 e o 12 de xuño, o sacerdote diocesano, Juan Andión Marán, predicará o triduo solemne, tamén ás 20.00 horas.
O xoves 13 de xuño, festa de santo Antonio, haberá misas ao longo de todo o día: pola mañá ás 09.00, 10.00, 11.00 e 12.00 horas; pola tarde, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. A eucaristía solemne seguida da procesión coa imaxe do santo polas rúas da cidade olívica será a as 20.00 horas. Ademais, como é tradición, tras cada misa, haberá repartición de boliños e flores.
