19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

O bispo de Tui-Vigo preside unha Eucaristía para agradecer o traballo das Fillas da Caridade

O bispo de Tui-Vigo preside unha Eucaristía para agradecer o traballo das Fillas da Caridade

As Fillas da Caridade de Vigo celebran a súa festa grande, a Virxe da Milagrosa, cunha Eucaristía que presidirá o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, na parroquia do Sacro Corazón de Xesús, mañá, venres 27 de novembro, ás 20:00  h.

As Fillas da Caridade instaláronse a Vigo en 1868. Desde entón, non só contribuíron no ámbito da educación a través do Colexio Neno Jesús de Praga, senón que potenciaron a acción social da Igrexa a través do Comedor da Esperanza que agora abandonan despois de máis de 150 anos de servizo no que, só no último ano 2019, entregaron máis de 45 mil comidas e atenderon aproximadamente a 15.012 persoas.

Con tal motivo e coincidindo coa súa festa grande, a Virxe da Medalla Milagrosa, a Diocese quere agradecer todos os anos de servizo e traballo á fronte do comedor social a través desta celebración eucarística que presidirá o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro.

A este agradecemento tamén se sumou a Delegación Episcopal de Acción Caritativa e Social que a través do seu delegado, Javier Alonso Docampo, publica unha carta na que lembra o labor destas irmás desde a súa chegada.

Descarga o agradacemento

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp