28 de Maio de 2024

,

San Germán de París
28 de Maio de 2024

,

San Germán de París

Finaliza o prazo para inscribirse no Encontro Diocesano da Catequese

Finaliza o prazo para inscribirse no Encontro Diocesano da Catequese

O mércores 24 de abril, finaliza o prazo para inscribirse no Encontro Diocesano da Catequese que se desenvolverá o sábado 4 de maio, de 10.30 a 18.00  horas, no colexio Maristas Santa María de Tui, para nenos e adolescentes que se atopan no proceso de formación de iniciación cristiá en parroquias e colexios da diocese de Tui-Vigo. O encontro, que está organizado pola delegación diocesana de Catequese, é gratuíto, pero non inclúe a comida nin o transporte ata o colexio. A través deste encontro programado para concluír o curso pastoral catequético, a delegación diocesana busca crear un espazo de convivencia de todos os catequizados das parroquias, onda os seus catequistas e párrocos. Tal e como se especifica no Plan Pastoral 2023-2024, tanto este encontro da Catequese como a Asemblea Diocesana de Catequistas teñen por obxectivo implementar espazos diocesanos de confraternización para celebrar e compartir a alegría da Catequese.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp