12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Finaliza o prazo para inscribirse nos exercicios espirituais para sacerdotes

Finaliza o prazo para inscribirse nos exercicios espirituais para sacerdotes
Foto: Sacerdotes participantes en la tanda de ejercicios espirituales de 2022

O venres 15 de setembro, finaliza o prazo para inscribirse na quenda de exercicios espirituais para sacerdotes que organiza a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo: do domingo 1 ao venres 6 de outubro, na casa de espiritualidade Santa María do Mar de Dorrón  (Sanxenxo), dirixidos por Mons. Julio Parrila, bispo emérito da diocese de Riobamba, en Ecuador.

Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo».

Sobre Mons. Julio Parrilla

Naceu en Ourense no ano 1946. Foi ordenado sacerdote en 1975, en Salamanca e, en 2008, o papa Bieito XVI nomear bispo da diocese de Loja, en Ecuador. Desde xaneiro de 201 3 ata marzo de 2021, foi bispo da diocese ecuatoriana de Riobamba.

No ano 1991, a través do Movemento Adsis —do que foi secretario xeral, desde 1975 ata 1979—, chegou a Ecuador para exercer como sacerdote misioneiro nas arquidioceses de Portoviejo e Quito. Durante o seu ministerio sacerdotal en España, foi coadxutor no municipio de Santa Marta de Tormes e párroco na igrexa da nosa Señora de Fátima en Salamanca.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp