18 de Abril de 2024

,

San Perfecto
18 de Abril de 2024

,

San Perfecto

San Antonio da Florida crea unha aula telemática para axudar a persoas sen acceso a internet

San Antonio da Florida crea unha aula telemática para axudar a persoas sen acceso a internet

A parroquia de San Antonio da Florida de Vigo creou unha aula telemática para axudar a todas aquelas persoas sen recursos económicos que necesitan acceso a internet para a tramitación de subvencións, procura de traballo ou solicitude de citas nas administracións públicas, como o Sergas ou o concello.

O párroco, Francisco Javier Alonso, explica que a iniciativa xurdiu hai dúas semanas despois de atoparse con varios fregueses da parroquia ás portas do templo tratando de conectarse a rede wifi cos seus teléfonos móbiles. Así foi como decidiu comprar a través de Cáritas tres ordenadores portátiles e unha impresora de segunda man, suficientes para que os usuarios poidan acceder a internet.

Actualmente, hai entre tres e catro usuarios por semana utilizando a aula telemática de perfís moi variados, mozos emigrantes e familias, cuxa principal necesidade é o acceso a internet para poder desenvolver ou buscar traballo e mesmo tramitar solicitudes coas administracións públicas.

Todas aquelas persoas, que se atopen en situacións similares, interesadas en beneficiarse deste servizo, poden poñerse en contacto co párroco, Francisco Javier Alonso, a través do seu teléfono móbil, 664 703 063, para acordar o horario que máis conveña a ambas as partes.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp