Título D.E.C.A. - Declaración Eclesiástica de Competencia Académica
O Instituto Teolóxico “San Xosé” de Vigo ofrece unha aula de teoloxía para catequistas, profesores, axentes de pastoral e leigos en xeral, con cursos sistemáticos de formación teolóxico-pastoral, que posúe validez oficial para a obtención da DECA (Declaración Eclesiástica de Competencia Académica).
A DECA capacita, xunto cos requisitos establecidos pola Conferencia Episcopal Española, para a docencia da Relixión Católica nos centros públicos, privados e concertados, nas etapas de Infantil e Primaria.
Podes acadar toda a información necesaria para inscribirte na web do Instituto Teolóxico "San Xosé".

