A Vigairía de Pastoral e a Vigairía Episcopal para o Clero convidan os sacerdotes a participar desta oferta formativa de carácter en liña e gratuíto para o clero:
Entre os días 1 e 3 de febreiro de 2021 terán lugar as IV Xornadas de Actualización Pastoral para Sacerdotes co lema ” Evanxelizar na era dixital”. Celebraranse de xeito online e poderanse seguir a través da canle de YouTube da Universidade San Dámaso (UESD).
As Xornadas de Actualización Pastoral para Sacerdotes, organizadas conxuntamente pola Vigairía do Clero da Arquidiocese de Madrid e a Facultade de Teoloxía da UESD, constitúen unha cita anual de reflexión teolóxico-pastoral co obxecto de favorecer unha adecuada comprensión dos elementos constitutivos do tempo histórico no que a Igrexa está chamada a realizar a súa obra evanxelizadora.
As xornadas poderanse seguir a través da canle de YouTube da Universidade. Pódese obter máis información e consultar o programa na web da UESD.