17 de Xullo de 2026,
Santa Marcelina

«For(you)mate», para profundar na mensaxe do papa León XIV aos mozos

«For(you)mate», para profundar na mensaxe do papa León XIV aos mozos

A delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria (PJU) da diocese de Tui-Vigo organiza dous encontros para que  a mocidade poida profundar nas palabras que o papa León XIV lle dirixiu durante a súa visita apostólica a España, os días 6 e 7 de xuño. A pasada fin de semana, 95 mozos e mozas de diferentes parroquias e realidades da diocese asistiron á vixilia de oración e a misa presidida polo santo pai en Madrid, grazas á viaxe organizada pola PJU.

Os encontros desenvolveranse seguindo o esquema da actividade «For(you)mate», un espazo de formación para discipular á mocidade —é dicir, para espertar a súa vocación e compromiso evanxelizador— que leva organizando desde o ano 2023. Neste sentido, os mozos e mozas son os principais protagonistas encargados de organizar e desenvolver cada sesión formativa, sempre baixo o acompañamento de sacerdotes e outros mozos adultos. Os locais situados en García Barbón, 29, acollerán esta iniciativa os xoves 18 e 25 de xuño, ás 20.30 horas.

A través de  iniciativas deste tipo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo quere consolidar a creación de espazos de reflexión e formación, nos que os mozos e mozas poidan crecer na identificación, pertenza e corresponsabilidade eclesial. Á súa vez, buscar poñer de manifesto entre a mocidade a necesidade de ser protagonistas na construción de la Iglesia e da evanxelización.