12 de Abril de 2026,
San Julio I

Fregueses da diocese de Tui-Vigo visitan o santuario de Medjugorge  en Bosnia-Herzegovina

Fregueses da diocese de Tui-Vigo visitan o santuario de Medjugorge  en Bosnia-Herzegovina
FOTO.- Peregrinos ante la iglesia católica de San Elias en Tihaljina | © Delegación de Pastoral de Santuarios y del Turismo de Tui-Vigo.

Entre o 7 e o 11 de maio, un grupo de 30 fregueses da diocese de Tui-Vigo visitaron un dos lugares de maior devoción mariana en toda Europa: o santuario de Medjugorge , en Bosnia-Herzegovina, onde tiveron lugar diversas aparicións da virxe da Paz, hai 44 anos. A delegación de Pastoral de Santuarios e do Turismo, en colaboración coa axencia de viaxes Travelmakers, organizou esta peregrinación encabezada polo delegado diocesano, Fernando Cerezo, que estivo acompañado polo párroco de Chaín, Couso, Morgadáns, Prado e Vilaza, Sergio Gómez.

Grazas aos sacerdotes e guías locais, durante estes días, os diocesanos e diocesanas de Tui-Vigo tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos de Medjugore : coñecer o Monte das Aparicións, lugar de culto da nosa Señora a Raíña da Paz, a virxe que se apareceu en 1981 a seis mozos do lugar ou a igrexa da Inmaculada Concepción, en Tihaljina , a uns 30 quilómetros de Medjugore , onde se garda unha das máis fermosas imaxes da Virxe María.

A viaxe incluíu a visita ao Cenácolo, centro de rehabilitación de drogadictos a través da oración e a vida disciplinada, así como a visita a Mostar e ao monte Krizevac, entre outras actividades lúdicas e espirituais.