5 de Decembro de 2024

,

San Sabas
5 de Decembro de 2024

,

San Sabas

Fundación Entreculturas, a ONG dos xesuítas en Vigo

Fundación Entreculturas, a ONG dos xesuítas en Vigo

Entreculturas é unha ONG de cooperación internacional da Compañía de Xesús que traballa a favor da xustiza e a transformación social, defendendo a educación como dereito humano; traballando pola vida digna das persoas  migrantes e refuxiadas; e apostando pola construción dunha cidadanía global comprometida, a equidade de xénero e a reconciliación coa natureza.

José Luis Barreiro, coordinador de  Entreculturas en Galicia e Asturias, xunto ao pai xesuíta Ignacio Fernández, voluntario en Vigo, explicaron as principais actividades da fundación no programa «Polo  camiño dá fe», dirixido polo sacerdote diocesano e delegado de Medios de Comunicación Social da Arquidiocese de Santiago de Compostela, Manuel Blanco. As entrevistas foron realizadas na cidade olívica e poden verse a través da seguinte ligazón.

Desde o pasado 20 de maio e ata o 31 de xullo de 2022, a Compañía de Xesús está a conmemorar o quinto centenario da conversión do seu fundador,  san Ignacio de Loyola, con diferentes actividades a nivel nacional. Na diocese de Tui-Vigo, o bispo  Mons. Luís Quinteiro Fiuza presidirá a eucaristía na festa do fundador, o 31 de xullo, no templo parroquial de San Francisco Xabier, ás 19:30 horas.

Se o vídeo non se reproduce, clica na seguinte ligazón.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp