19 de Abril de 2026,
San León IX

Funerais polo papa Francisco na catedral e na concatedral

Funerais polo papa Francisco na catedral e na concatedral

Ao longo da próxima semana, a diocese de Tui-Vigo celebrará dous funerais dando grazas e pedindo o eterno descanso do papa Francisco falecido o pasado luns 21 de abril. O primeiro dos funerais terá lugar na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, o martes 29 de abril, ás 19.00 horas; o segundo, será na catedral de Santa María de Tui, o venres 2 de maio, ás 11.00 horas. Ambas as celebracións estarán presididas polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, quen convida a todos os sacerdotes, vida consagrada e fieis laicos a participar nalgunha destas celebracións.

A diocese de Tui-Vigo recomenda a todos os diocesanos que teñan presente nas súas oracións ao papa Francisco e, á súa vez, solicita a cada párroco que, dentro dos días hábiles que establece a liturxia, celebren coa maior solemnidade posible unha misa polo santo pai, nalgunha das parroquias máis poboadas que teñan ao seu cargo.