O bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, presidirá misar-funeral polo eterno descanso de María del Carmen Grobas, quen faleceu este martes 8 de decembro, solemnidade da Inmaculada Concepción. A celebración será ás 19:00, o próximo día 16, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Jesús de Vigo. Debido ás restricións actuais estipuladas polas autoridades sanitarias, o aforo nos templos está limitado a un terzo da súa capacidade máxima.
Aínda que a celebración litúrxica coa familia e amigos tivo lugar o día 9 na capela do tanatorio de Emorvisa, a Diocese quere unirse en oración polo eterno descanso de María del Carmen Grobas, agradecendo o seu traballo á fronte da delegación diocesana de Apostolado do Mar, xunto con Cristina de Castro García, que faleceu en plena pandemia o pasado 7 de abril.
Ademais da labor social fomentado no ámbito do mar, Cristina de Castro tamén formaba parte do Consello Diocesano de Laicos, colaborando coa pastoral da Igrexa de Tui-Vigo.