2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios
2/10/2022

,

Santos Ángeles Custodios

A Catedral de Tui celebra o funeral polos defuntos lembrando aos sacerdotes falecidos no último ano

A Catedral de Tui celebra o funeral polos defuntos lembrando aos sacerdotes falecidos no último ano

O vindeiro martes, 3 de novembro, a Santa Iglesia Catedral de Tui celebra o funeral polos defuntos lembrando especialmente aos sacerdotes falecidos neste último ano. A celebración comezará ás once da mañá e estará presidida polo bispo, Luís Quinteiro Fiuza.

O Cabildo da Catedral lembra esta data e convida á participación desta celebración na que se pedirá polo eterno descanso de:  Emilio Velasco Baz, José Abelás Alfonso, Antonio Hernández  Matías, Manuel Carballo  Hermelo, Camilo Paz Valverde e Jesús María Fernández Rodríguez.

Para facilitar o aparcamento a todos os sacerdotes que queiran asistir, o Seminario Menor de Tui abrirá o aparcadoiro dos campos de deporte, na baixada a Santo Domingo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp