19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

Galardón para o ciclo de música de Barcia de Mera

Galardón para o ciclo de música de Barcia de Mera
Coro Vox Stellae
Coro Vox Stellae

A Asociación Cultural Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera, foi premiada co galardón Sintete Covelo 2025. Esta distinción do concello de Covelo, quere recoñecer a traxectoria de persoas ou entidades que destacan pola súa contribución ao municipio en áreas como o emprendemento, as artes, o deporte, a cultura e a promoción do entorno.

O alcalde – Juan Pablo Castilo Amigo- ao outorgar esta distinción quixo resaltar a traxectoria cultural, a divulgación das artes musicais e a posta en valor do patrimonio histórico e cultural, que a Asociación Cultural Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera, ofrece para a proxección de Covelo como destino cultural e patrimonial.

O galardón será entregado o sábado 27 de decembro ás 18:30 hrs., no auditorio municipal de Covelo.

Finalmente sinalar que a Asociación Cultural Ciclo de Música de San Martiño de Barcia de Mera, leva 17 anos organizando este evento musical.