O pasado mércores, 15 de setembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidiu a eucaristía de acción de grazas no templo parroquial de San Lourenzo de Arnoso con motivo da restauración dun dos retablos con máis devotos da parroquia: o da Virxe das dores.
A restauración supuxo un orzamento de 12.900€ que se financiou, en parte, grazas á Diocese de Tui-Vigo que achegou 6.000€ do total necesario. A cantidade restante recadárona os fieis da parroquia a través dun sistema de cotas mensuais —de xaneiro a agosto— completamente voluntario, en función das posibilidades de cada familia.