29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

GALERÍA 📸 | Clausura de Ágora: Escola de Teoloxía, Ministerios e Servizos

GALERÍA 📸 | Clausura de Ágora: Escola de Teoloxía, Ministerios e Servizos
Foto: El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro Fiuza, asistió al acto de clausura para entregar los diplomas del medio millar de participantes.

O pasado mércores, 20 de abril, o medio centenar de alumnos de «Ágora: Escola de Teoloxía, Ministerios e Servizos» asistiron á última sesión do curso 2021-2022: a sesión de clausura que contou coa presenza do bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, e cun intre de confraternización compartindo un pouco de “rosca de Pascual”, tal e como o definiu o Vigairo de Pastoral, José Vidal Novoa.

Nesta xornada, os asistentes recibiron tamén de mans do bispo os seus diplomas acreditativos de cursar as sesións de Ágora Tal e como explicou o Vigairo de Pastoral, os criterios establecidos para poder recibir este diploma baseábanse na asistencia do alumno ás clases: “se se asiste a unhas dúas clases mínimas de cada materia, entón, acredítase que o alumno ten os coñecementos básicos da materia”, explicou José Vidal.

Previo á entrega, o bispo agradeceu a todos os asistentes ao curso a súa participación e implicación, destacando a relevancia da Teoloxía na vida diaria de calquera cristián. Neste sentido, pediu  aos asistentes que compartisen os seus coñecementos, facendo especial fincapé na importancia da constancia e o traballo da formación cristiá.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp