Desde o 1 de outubro, seis parroquias de Vigo acollen a entrada dos seus novos párrocos —José Vidal Novoa, Alberto Montes Rajoy, Luís González Cedeira e Juan Diz Miguélez—, cuxos nomeamentos foron publicados o 6 de agosto, día da Transfiguración.
O pasado martes, 12 de outubro, o sacerdote diocesano José Vidal Novoa tomou posesión do seu novo cargo como párroco da concatedral-basílica de Santa María de Vigo en substitución do benemérito sacerdote Moisés Alonso Valverde. A celebración eucarística foi presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza.
Vigairo Episcopal de Pastoral desde hai unha década, José Vidal Novoa complementará o seu cargo na vigairía co seu nomeamento como párroco da concatedral-basílica de Santa María de Vigo. Desde o ano 2019, é cóengo da catedral de Tui. Estivo vinculado ao Instituto Teolóxico desde o ano 2002 como profesor e, durante un curto período de tempo, como secretario. Tamén foi delegado diocesano de Catequese. Entre os seus outros moitos cargos, destacamos: párroco de Soutomaior desde o 2005, vicario parroquia do San Antonio da Florida, párroco de Cumiar, Arcos e San Lorenzo de Oliveira ou profesor de relixión no IES do Castro de Vigo. En 1998, licenciouse en Teoloxía Pastoral na Pontificia Universidade Salesiana de Roma.