15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

GALERÍA 📸 | Consagración perpetua de Sor Diana da Eucaristía

GALERÍA 📸 | Consagración perpetua de Sor Diana da Eucaristía
Foto: Sor Diana de la Eucaristía López ha realizado su consagración perpetua como religiosa de las misioneras de San José de Cluny.

O pasado sábado 27 de agosto, a viguesa de adopción sor Diana da Eucaristía López deu o si definitivo na congregación das misioneiras de San Xosé de Cluny, na capela do colexio da súa congregación na que, seis anos antes, comezou o seu camiño como consagrada. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía na que participaron familiares e amigos de Diana.

O prelado de Tui-Vigo lembrou que «a vocación cristiá é unha vocación a un cambio total na nosa vida. Se nós non provocamos ese cambio nos irmáns significa que a nosa vida está a ser unha vida sen valor, sen exemplaridade, o cal a Igrexa de hoxe ten que sentir profundamente. Nós, nas nosas comunidades, debemos crear unha atracción cara a algo que vai máis aló do material; cara a algo que de verdade vale a pena». Neste sentido, felicitou a sor Diana polo paso que, durante esa tarde, daba cara á consagración perpetua e, dirixíndose a ela, declarou «atopaches esa xoia, esa perla [a vocación], pero tes que axudarnos a todos tamén a ensinar esa perla que moitos levamos na nosa vida».

O acto de consagración que seguiu á homilía finalizou co abrazo fraterno de Diana á súa nova familia, a congregación que a acolle no seu seo definitivamente, e á súa familia de sangue que a acompañou durante todo este proceso. Ao termo da celebración relixiosa, os presentes, amigos e familia, compartiron un intre distendido no comedor do para celebrar ese si definitivo de Diana ao plan de Deus, como relixiosa de San Xosé de Cluny

Sobre sor Diana da Eucaristía López

Diana naceu en Las Palmas de Gran Canaria en 1980. Viguesa de adopción, é a maior de 4 irmáns, antiga alumna de San Xosé de Cluny, apaixonada da música e do deporte, mestra e adestradora de fútbol sala. Ingresou no noviciado da Congregación no ano 2014, despois dunha experiencia misioneira coas irmás da Prata (Arxentina) e coa comunidade do Colexio de S. Xosé de Cluny en Pozuelo. En xullo 2016, realizou a profesión relixiosa como relixiosa da congregación tamén na capela do colexio vigués.

Consagración perpetua de sor Diana de la Eucaristía López | © Diocese Tui-Vigo
La viguesa de adopción sor Diana de la Eucaristía realizó su consagración perpetua en la congregación de las misioneras de San José de Cluny, el sábado 27 de agosto.
« de 35 »

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp