10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

GALERÍA 📸 | II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores

GALERÍA 📸 | II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
Foto: Celebración de la eucaristía presidida por el obispo Mons. Luis Quinteiro en el templo parroquial de Santa María de Baiona.

O martes, 26 de xullo, ás 20 horas, a diocese de Tui-Vigo celebrou a II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores cunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, no templo parroquial de Santa María de Baiona, organizada pola delegación de Pastoral Familiar e Vida Ascendente de Tui-Vigo.

Durante a celebración, Mons. Luís Quinteiro, actual bispo de Tui-Vigo, remarcou o importante papel dos avós/as na vida actual e expresou que, lonxe de caer no desánimo, é o momento de dar grazas polo vivido e de seguir transmitindo a súa experiencia aos demais coa serenidade que dan os anos.

A delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo e Vida Ascendente expresaron que se tratou dunha celebración entrañable cunha magnífica acollida por parte da comunidade parroquial.

O papa Francisco convocou esta Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores para o cuarto domingo de xullo, este ano, baixo o lema «Na vellez seguirán dando froito». No caso da diocese de Tui-Vigo, escolleuse celebralo o 26 de xullo por ser a festa de San Xoaquín e Santa Ana, pais da Virxe María.  A través da mensaxe publicada para a ocasión, o Santo Pai lembra a todos os avós/as e as persoas maiores que “neste mundo noso estamos chamados a ser artífices da tenrura. Fagámolo, aprendendo a utilizar cada vez máis e mellor o instrumento máis valioso que temos, e que é o máis apropiado para a nosa idade: o da oración”.

II Jornada Mundial de los Abuelos y Personas Mayores | © Diocese Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la celebración de la eucaristía organizada por la Pastoral Familiar y Vida Ascendente en el templo parroquial de Santa María de Baiona.
« de 11 »

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp