29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

GALERÍA 📸 | Inauguración de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»

GALERÍA 📸 | Inauguración de «Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos»
Foto: El miércoles 5 de octubre, tuvo lugar el acto de inauguración del segundo curso de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios»

«Ágora: Escola de Teoloxía, ministerios e servizos» inaugurou o seu segundo curso para ofrecer unha formación teolóxica baseada nun modelo básico, sistemático e integral de ensino xunto cunha metodoloxía participativa na que se combina o ensino maxisterial do docente co traballo persoal do alumno.

«A Igrexa ten que ser unha Igrexa ministerial, é dicir, unha Igrexa que serve en todos os seus ámbitos: serve á sociedade e serve tamén á propia Igrexa. Por tanto, a Igrexa debe suscitar vocacións, carismas, para o seu propio servizo e crecemento e, no fondo, para cumprir mellor a súa misión que é evanxelizar», así o expresou José Vidal, vigairo de Pastoral da diocese de Tui-Vigo durante o acto de inauguración que tivo lugar no Seminario Maior de Vigo o pasado mércores, 5 de outubro.

Co obxectivo de suscitar vocacións para a construción dunha Igrexa ministerial, reformouse a escola Ágora, que leva en activo desde o ano 2008, dándolle por unha banda unha formación teolóxica ampla e ao mesmo tempo que esta formación contribuíse a que as persoas interesadas puidesen exercer determinados ministerios — o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, a catequese ou outras tarefas pastorais— no ámbito da comunidade eclesial.

As clases comezarán o vindeiro mércores, 19 de outubro, co primeiro bloque de Teoloxía Moral que impartirá o profesor Clodomiro Ogando, e prolongaranse ata o mes de abril de 2023. As persoas que estean interesadas en inscribirse poderán facelo ao comezo da primeira clase, no Seminario Maior «San Xosé» de Vigo.

Inauguración de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios» 2022 | © Diocese de Tui-Vigo
El miércoles 5 de octubre, tuvo lugar el acto de inauguración del segundo curso de «Ágora: Escuela de Teología, ministerios y servicios».
« de 14 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp