3/12/2022

,

San Francisco Javier
3/12/2022

,

San Francisco Javier

GALERÍA 📸 | Mons. Luís Quinteiro preside a eucaristía con motivo do Día da Policía

GALERÍA 📸 | Mons. Luís Quinteiro preside a eucaristía con motivo do Día da Policía
El obispo deTui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la celebración en el templo parroquial de Nuestra Señora del Carmen con motivo del Día de la Policía Nacional.

O pasado mércores, 5 de outubro, ás 10:30 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía que a Policía Nacional organizou no templo parroquial da nosa Señora do Carme en Vigo, motivo da celebración litúrxica do seu patrón: os Santos Ánxeles Custodios —unha festa que a Iglesia conmemorou o domingo 2 de outubro—.

Durante a celebración, na que participaron membros do corpo de Policía Nacional de Vigo e Redondela, xunto aos seus familiares e amigos, o bispo de Tui-Vigo expresou que «non se podería entender a Sacra Escritura, a Biblia, sen a presenza constante dos anxos, que son aqueles que, seguindo os desexos de Deus, protexen sempre aos homes. Eu creo que a tradición que ligou á Policía Nacional aos Santos Ánxeles é unha gran tradición». Neste sentido, o prelado destacou a importancia da misión da Policía Nacional para a vida da sociedade que «ten unha dimensión maior e é o misterio da persoa, do necesitado, da xustiza. É o misterio, queridos irmáns, de protexer o corazón da vida. Por iso, damos grazas polo voso servizo. Encomendámosvos aos santos anxos e pedímoslles que teñades forza para vivir o voso traballo, non só como unha profesión, senón como unha vocación que vos empuxa a vivir esa dimensión de servizo profundo á persoa e á sociedade».

Tras a liturxia da Palabra, membros do corpo de policía entregaron as ofrendas ao bispo de Tui-Vigo que as puxo ante o altar: o pan e o viño, que despois se converterían no corpo e o sangue de Cristo, xunto cunha placa da Policía Nacional, como símbolo do seu servizo á sociedade.

As celebracións con motivo do Día da Policía continuaron na sede Afundación-Abanca, onde tivo lugar o acto institucional no que se agradeceu o traballo dos funcionarios da comisaria de Vigo-Redondela e entregouse a orde do mérito policial pola súa actuación singular a diversos funcionarios por ese labor especial. Tamén se recoñeceu o labor de distintas entidades públicas e privadas que contribuíron a mellorar o traballo do Corpo Nacional de Policía.

Celebración eucaristica con motivo del Día de la Policia Nacional | © Diocese de Tui-Vigo
El obispo deTui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la celebración en el templo parroquial de Nuestra Señora del Carmen con motivo del Día de la Policía Nacional
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp