13 de Setembro de 2024

,

San Juan Crisóstomo
13 de Setembro de 2024

,

San Juan Crisóstomo

GALERÍA 📸 | Presentación do libro «Conectando xeracións»

GALERÍA 📸 | Presentación do libro «Conectando xeracións»
Trece jóvenes de la diócesis de Tui-Vigo han participado en este proyecto promovido por la delegación diocesana de Pastoral Familiar, en colaboración con el Instituto de la Familia de Ourense.

O xoves, 29 de setembro, o colexio Apóstolo Santiago de Vigo acolleu a presentación da V edición do libro «Conectando xeracións», que conta coa participación de 13 mozos e mozas da diocese de Tui-Vigo que, durante o último ano, achegáronse a coñecer as vidas dos seus avós e avoas para despois recompilalas neste libro. A delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo colabora co Instituto da Familia de Ourense na promoción deste proxecto que suma xa un lustro de vida.

Durante o acto, lembrouse que, a través deste proxecto, tal e como explica a delegación de Pastoral Familia da diocese «quérese poñer en valor a historia de tantos maiores anónimos, porque, como di o lema do programa, toda historia merece ser contada». Ademais de agradecer a implicación de cada un dos mozos participantes e das súas familias, a presentación do libro estivo acompañada do emocionado testemuño dun dos mozos e da súa avoa, tras o cal se deu paso á entrega do libro a cada un dos participantes.

Presentación del libro «Conectando generaciones» | © Leandro Rivero
Trece jóvenes de la diócesis de Tui-Vigo han participado en este proyecto promovido por la delegación diocesana de Pastoral Familiar, en colaboración con el Instituto de la Familia de Ourense.
« de 14 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp