A delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organizou un «roteiro romántico» para parellas no marco da «Semana do matrimonio», que, este ano, celebrouse baixo o lema «Forever match, un amor para sempre». A proposta trata de ofrecer un espazo para reflexionar e orar en parella, pero tamén para coñecer a outros matrimonios cristiáns, á vez que se descobre un pouco máis sobre algunha localidade concreta do territorio diocesano. Nesta ocasión, a parroquia do Porriño foi a encargada de acoller a iniciativa, o venres 16 de febreiro.
A «Semana do matrimonio» é unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, á vez que se pon en valor o sentido e a beleza do sacramento no medio da sociedade actual. A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española é a encargada de promover esta proposta a nivel nacional, pero con transcendencia e calado local, adaptándose á realidade de cada dioceses.