«Ante a sucesión de novas ondeadas de empobrecemento, existe o risco de acostumarse e resignarse». Esta advertencia do papa León XIV, lanzada co motivo da IX Xornada Mundial dos Pobres, non é solo unha reflexión relixiosa: é unha chamada pública a non aceptar a pobreza coma normalidade social.
Con esa mesma inquietude ética e social Cáritas, a través da súa fundación FOESSA, presentou o Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia 2025, que foi exposto o pasado 28 de xaneiro en Santiago de Compostela. Este informe territorial derívase do IX Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en España, presentado a nivel nacional en novembro de 2025, cuxas conclusións foron dende entonces debatidas con administracións públicas, partidos políticos e distintos ámbitos académicos e sociais.
Os datos galegos mostran unha evolución ambivalente. Por unha parte, a exclusión social disminuíu: en 2024 afecta ao 12,7% da poboación, frente ó 16,8% de 2018, situándose Galicia por debaixo da media estatal. Sen embargo, este progreso acompáñase dun crecemento da precariedade social que pon en perigo a integración real de amplios sectores da poboación.
Do informe despréndese que un 43,8% da poboación galega vive en condicións precarias que os fan vulnerables a calquera choque económico ou social. Esta situación evidencia que reducir a exclusión formal non é equivalente a garantizar unha vida digna para todas as persoas.
O informe confirma que a exclusión social non se explica únicamente pola falta de ingresos. Máis da metade da poboación presenta carencias no eixe político e de cidadanía, con graves dificultades no acceso a dereitos básicos como a vivenda, a saúde, a educación e a participación cívica. A vivenda emerxe como unha das principais fontes de vulnerabilidade: o 26% da poboación sufre problemas relacionados con precios inaccesíbeis, condicións inadecuadas ou tenencia inestábel.
Aínda que o mercado laboral mostrou certa recuperación, os salarios insuficientes e a inestabilidade contribuiron a consolidar unha precariedade extendida. As melloras na cobertura do Ingreso Mínimo Vital contrastan coas barreiras persistentes no acceso á Renta de Inclusión Social de Galicia.
Este informe territorial envía un mensaxe claro: non basta con conter a exclusión. Galicia non pode resignarse a convivir con amplias capas de poboación atrapadas na precariedade. Como recorda Cáritas, a pobreza non é inevitábel nin fruto do azar, senón consecuencia de decisións —ou da súa ausencia— que configuran noso modelo social.
Por eso, dende Cáritas facemos un chamamento a non normalizar a precariedade nin resignarnos a novas ondas de empobrecemento. É urxente reforzar políticas públicas valentes que garanticen vivenda digna, empleo decente, protección social suficiente, acceso real á saúde e á participación cidadana, poñendo no centro ás persoas e os seus dereitos. Pero esta tarea non corresponde solo ás administracións: interpela ó conxunto da sociedade, as súas institucións, ó mundo económico e a cada cidadanía.
Frente á indiferencia e o sálvese quen poida, Cáritas propón unha resposta basada na dignidade, a fraternidade e o compromiso colectivo. Non se trata solo de atender as consecuencias da exclusión, senón de afrontar as súas causas estruturais. Porque unha sociedade que deixa atrás a unha parte da súa xente é unha sociedade que se debilita a sí mesma.